Friday 10 de May de 2024

Aberta a inscrición para o programa Xuntos polo Nadal


Grazas a el as persoas maiores poderán desfrutar dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro das festas nas residencias do Carballiño, Lugo e Nigrán

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes pon en coñecemento das persoas maiores que xa está aberto o prazo para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’. Un programa posto en marcha pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade de cara á promoción do envellecemento activo e a convivencia.

A estancia terá lugar entre o 23 de decembro de 2019 e o 7 de xaneiro de 2020. En total ofértanse 260 prazas, das cales 105 correspóndenlle á Residencia de Tempo Libre do Carballiño para as persoas solicitantes das provincias de Ourense e Pontevedra; e as 105 á residencia de Panxón (Nigrán) para as persoas que a soliciten na Coruña; e as 50 restantes no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Lugo), para solicitantes de Lugo. As estancias serán de 16 días (15 noites) en habitacións compartidos e baixo o réximen de pensión completa. Tamén se inclúen os desprazamentos en autobús dende os seus domicilios ata calquera das residencias, onde poderán desfrutar, entre outras actividades, de animación sociocultural.

Entre os requisitos esixidos figuran estar empadroados nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio, estar só nas datas do Nadal, non estar acollido nun centro residencial e valerse por si mesmo ou ter máis de 60 anos.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de novembro. Aquelas persoas con menores recursos económicos (ingresos mensuais inferiores a 537,84€) poderán optar a prazas gratuítas, mentres que para as demais terá un custo de 50 €.
Para acadar máis información pódese chamar ao Departamento de Servizos Sociais da Mancomunidade de Ordes (981680002). Tamén a través da páxina web da Consellería de Política Social http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada-de-maiores, ou chamando aos teléfonos 981 547437 e 900333666 (este último é gratuíto). Tamén se dispón do correo electrónico: autonomiapersoal.sxps@xunta.gal.